As vilas na sociedade da informacion Xornadas

Introduccion
Programa
Como chegar
Mais informacion
Introducción

Os concellos e o resto de entidades de ámbito municipal e comarcal son os encargados de expoñer e levar á práctica as teorías definidas polas máis altas administracións, que fixan uns marcos previos de actuación. Sempre comezando desde abaixo, as institucións deben traballar cara á solución dos problemas de conectividade, formación e dotación de servizos e contidos.

Son esas pequenas administracións as que coñecen de primeira man as dificultades e os factores que se deben aproveitar para implantar a Sociedade da Información e do Coñecemento. Nesas institucións locais e no seu contexto céntranse estas xornadas.

Ao mesmo tempo, os modelos teóricos dos Concellos das Pontes e Vilalba para a implantación da Sociedade da Información –Pontes Dixitais e Alba Dixital- buscan referentes destacados noutros lugares. A transmisión das boas prácticas constitúe unha forma de aprendizaxe esencial para o avance dos concellos, o que permite familiarizar os cidadáns e cidadás coa Sociedade da Información e promover así a súa inclusión no mundo tecnolóxico.

En definitiva, estas xornadas pretenden ser unha pequena mostra que contribúa ao desenvolvemento das novas tecnoloxías nas Pontes e Vilalba.


« Portada Xornadas

 
O desenvolvemento da sociedade da información vai ser esencial tamén para os pequenos concellos do rural. Ven coñecer a súa conexión co futuro.